Cover Image for Conversa: Carlos Caraglia (presencial)

Conversa: Carlos Caraglia (presencial)

Hosted by Ernesto Lopez-Valeiras & Carlos Rivo
 
 
Registration
Past Event
Welcome! To join the event, please register below.
About Event

Carlos Caraglia (Inglaterra, 1969) defínese como explorador polar, instructor de buceo, documentalista, speaker, filmmaker, fotógrafo, piloto oficial de drones e operador oficial de AESA. Aos 36 anos de idade sufriu o primeiro infarto, tras o cal realizou 13 expedicións en zonas polares: 6 na Antártida, 6 no Ártico e 1 ao Campo Base do Everest.

Na actualidade dirixe a produtora audiovisual Earth360, é embaixador de Panasonic e Sea Shepherd e co-lidera en España a Advanced Leadership Fundation, que inclúe personalidades tan importantes como o ex presidente dos Estados Unidos Barack Obama, varios premios Nobel, e personalidades e expertos de renome mundial. Dirixiu o documental “Covid-19: el lado humano” (dispoñible en Filmin), no que mostra a realidade dos hospitais de Madrid durante a estalido da pandemia.

Despois de recuperarse dun segundo infarto sufrido hai ano e medio, no pasado mes de agosto lle diagnosticaron un tumor cerebral con unha esperanza de vida de dous anos. Nese momento, iniciou a gravación do documental “My last two years” [Meus dous derradeiros anos] no que quere deixar constancia da súa historia.

Carlos Caraglia será o protagonista da primeira edición da segunda temporada do ciclo “Conversas”, auspiciado polo programa de mentoringmeta.” da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense. Na conversa estará acompañado por: Carlos Rivo, director comercial en UNVI e mentor en “meta.”; e por Ernesto López-Valeiras, coordinador académico de “meta.”.

O 28 de outubro ás 20:00 horas conversaremos sobre diversos temas como emprendemento, cambio climático, crise do covid, resilencia e actitude vital, así como outras experiencias e anécdotas sobre na vida de Carlos.

Ao acto, que durará aproximadamente unha hora, pode asistirse tamén de xeito virtual, en directo a través da plataforma “Zoom” no enlace (non é necesario preiscripción): https://us06web.zoom.us/j/83955154932